21 de octubre de 2013

Los estudiantes en pie de guerra, todos a luchar por nuestro futuro!

Folga de estudantes 22,23 y 24 de Outubro
¡ A XUVENTUDE SEN MEDO! ¡NOS NON CALAMOS NON NOS DEIXAMOS PISAR!


Tras un ano marcado por unha intensa movilización para frear a reforma franquista da educación e dos recortes do PP medidas que supoñen a maior ataque a escola pública desde a caída da dictadura franquista, é necesario que este novo curso redoblemos as nosas  forzas para lograr a dimisión do Ministro de Educación e paralizar así todos os recortes e contrarreformas educativas que seguen encima da mesa.

Sindicato de Estudantes convocou para os próximos días 22, 23 e 24 de outubro unha folga xeral en institutos e universidade contra a reforma da Educación emprendida polo ministro José Ignacio Wert, do que hoxe volveron a reclamar a súa dimisión.

Esta mesma petición fíxoa a Coordinadora de Representantes de Estudantes das Universidades Públicas ao considerar que o titular de Educación defende un decreto de bolsas no que se aumentan os requisitos académicos para acceder a elas.

En senllos comunicados con motivo da comparecencia de Wert ante a Comisión de Educación do Congreso para falar do novo decreto de bolsas, ambas asociacións pediron tamén que o Goberno recupere o diálogo coa comunidade educativa.

O Sindicato de Estudantes chamou a unha folga xeral de alumnos os días 22, 23 e 24 de outubro no marco dunha semana de loita contra a Lomce para pedir a dimisión de Wert e rexeitar os recortes en educación e a reforma educativa.

A Creup tamén criticou que Educación non teña intención de cambiar a súa normativa de bolsas a pesar de que o Consello de Estado, en clara referencia aos novos requisitos académicos.Pola súa banda, o Sindicato de Estudantes cualificou de afirmación "delirante" o que o ministro diga que os 1.417, 54 millóns de euros para orzamento de bolsas xerais o próximo curso sexa "o máis alto da historia en termos relativos e absolutos".

Para esta asociación, "o orzamento para bolsas non fixo máis que minguar desde que o PP chegou ao goberno en 2012 e desde entón reducíronse nin máis nin menos que 398 millóns de euros".




A miña opinión sobre a folga é que en parte por moito que nos queixemos non vamos poder conseguir moita cousa, porque xa non é a primeira que se fai e os que mandan sempre van a mirar por eles mais que polos estudantes e non teñen piedade. Gustame que o sigamos intentando porque por intentalo non perdemos nada. Non vexo nada xusto que intenten que aos estudantes que necesitan axuda non lla queiran dar, porque para mis todos os estudantes somos iguais. Uns estudian mais outros menos, pero temos os mesmos dereitos e os dereitos nos institutos poucas veces deixan usalos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Y tu que piensas?